|
|
Alegación contra a minicentral no río Soldón, SALTO DE VALDENABAIS, concellos de Quiroga e Folgoso do Courel (Lugo) e promovido por Compañia Gallega de Minicentrales, S.A.Documento realizado por a asociación ecoloxista CEMPES ¡ Enviar antes do 6 de Xullo de 2001! |
|
¡ Descarga a alegación en formato word!
![]()
Alegación
Don/Dona..................................................................................con DNI: ............................................. e con enderezo a efectos de notificación en .......................................................................................................... e en calidade de afectada ,
EXPÓN:
Que na Resolución do 25 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Soldón, SALTO DE VALDENABAIS, concellos de Quiroga e Folgoso do Courel (Lugo) e promovido por Compañia Gallega de Minicentrales, S.A.
Que dentro do prazo conferido formulo o presente escrito de
ALEGACIÓNS
1.-Outros aproveitamentos hidroeléctricos solicitados na zona foron resoltos negativamente pola Confederación Hidrográfica do Norte - C.H.N. - (Exemplo Resolución de 4 de decembro de 1998 para o aproveitamento solicitado por Lemfi, S.A, ref E-2665787-G.) ó considerar que a explotación para usos hidroeléctricos do río Soldón orixinaría "(...) el severo e irreversible impacto medioambiental que se produciría en la calidad del agua, del hábitat y la población ictícola del río." e da mesma data para o solicitado Compañia Gallega de Minicentrales, S.A. "(...)se localiza próximo al límite meridional del Espacio Natural de O´Courel, siendo esta zona la mejor conservada dándose los mayores valores de los componentes ambientales, tanto abióticos como bióticos y paisajisticos" e "(...) la explotación hidroeléctrica del río afectaría al tramo de confluencia con el río Sil que es el área de mayor importancia en el aspecto de la biocenosis fluvial."
As condicións ambientais da zona en cuestión, recoñecidas pola propia C.H.N., non teñen variado significativamente dende a data das resoluciones anteriormente citadas ó día de hoxe, polo que a manteñen as excelentes condicions de naturalidade que manifesta a bacía do Soldon
2.- A presencia de especies ameazadas de alto valor ecolóxico fan incompatible a súa conservación coa explotación desta bacía. Exemplos singulares son a Aguia real (Aquila chrysaetos) con citas en época de cría e o oso pardo (Ursus arctos), con presencia constatada recentemente no que podería ser a súa distribución máis suroccidental de Europa.
3.- O aproveitamento proxectado, constitúe un problema ambiental en si mesmo ao variar o réxime de circulación natural dos ríos afectados e transformar a dinámica do leito no que se pretende actuar.
4.- Dende un tempo a esta parte esta-se a traballar dende distintos ámbitos, tanto privados como administrativos na promoción dunha economía sostible, apostando-se fortemente polo desenvolvemento dun turismo baseado nos valores tradicionais da zona. Recuperación de construccións etnográficas, restauración de monumentos, rehabilitacion de pobos, deseño de itinerarios, creación de aloxamentos... actuacións sobre as que a instalación das minicentrais, nas condicións que reflexan os estudos presentados, tendrán un efecto moi negativo, bloqueando incluso proxectos e ameazando instalacións de turismo rural que na actualidade xa están en funcionamento.
5.- Nesta zona se practica habitualmente deportes como o kayak de augas bravas, a pesca, sendeirismo, bici de montaña.... A modificación da utilización dun ben público para o beneficio privado, producción de enerxía eléctrica, da que Galicia é nídiamente excedentaria, atenta gravemente contra os nosos intereses, xa que nos privaría definitivamente da utilización do río, no seu estado natural para o lecer e o mantenemento da saude, xa que anularía posibilidade de utiliza-lo como até o de agora, nas actividades lúdico-desportivas.
6.- Perante a fase de construcción da presa, tuberías de derivación e central preve-se unha forte sedimentación por aporte de materiais en suspensión augas abaixo. Ademais disto, cómpre suliñar a ocupación das superficies afectadas polos accesos, tanto á central como para a construcción da tubaxe de derivación e forzada, afectando a bosque de ribeira e incrementando inaceptablemente a presión xustamente nas zonas menos antropizadas por mor da súa escasa accesibilidade, afectando as poboacións de especies presentes na actualidade e en declive en toda a península ibérica, tais como o desman e a lontra.
O incremento da turbidez e aporte de sólidos cara o leito fluvial, reduciría a superficie útil para a freza e afectará á diversidade e abundancia da comunidade bentónica fluvial..
7.- Perante a fase de funcionamento, o obstáculo que suporían os azudes e a diminución do caudal nos tramos cortocircuitados produciría unha rotura do contínuo hidrolóxico que ocasionaría unha reducción na superficie habitable e na velocidade media das augas e cambios na temperatura das mesmas, afectando gravemente ás poboacións piscícolas.
8.- A parte superior da actuación situa-se dentro do límite sur do Espacio Natural do Coure, afectando a máis a varias zonas cualificadas como solo non urbanizable de Protección do Patrimonio, catalogados cos números 26, 25 e 49 no inventario arqueolóxico das Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes.
En base a todo o anterior
SOLICITA
Que se teñan en conta estas alegacións para formular unha declaración ambiental negativa para o proxecto citado no encabezado.
Así mismo comunícolle que se remite copia da presente alegación ao Ilmo. Sr. Comisario da Confederación Hidrográfica do Norte
En ..............., a .... de .............. do 2001
Asinado:
Ilmo. Sr. Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Rúa Dos Feáns 7
15.706. Santiago de Compostela

Así mismo comunícolle que se remite copia da presente alegación ao Ilmo. Sr. Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
En ................, a .... de .............. do 2001
Asinado:
Ilmo. Sr. Comisario de la Confederación Hidrográfica del Norte
Plaza de España 2 -
33071 Oviedo