|
|
Alegación contra a central hidroelectrica de CorcoestoDocumento realizado por a asociación ecoloxista CEMPES ¡ Enviar antes do 13 de Decembro de 2000! |
|
Ilmo. Sr. Delegado Provincial da Consellería da Consellería de Industria e Comercio (A Coruña)
Enderezo
Eu, ........., vista Resolución de 13 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.(Expediente 51925 ampliación 2000), referida á central hidroelectrica de Corcoesto
Expoño:
Segundo se establece no artigo número 73º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, (que abrangue á totalidade das augas continentais de Galicia), toda autorización ou concesión referente ó dominio público hidráulico deberá contar cun informe da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, así como, no caso dunha modificación apreciable de caudais circulantes polo curso fluvial, será precisa unha determinación actualizada e xustificada do réxime de caudais naturais, así como dos efectos da detracción de caudais sobre o ecosistema acuático
Á vista do exposto, solicítolle que:
de acordo coa Lei 38/1995, de 12 de decembro, sobre o dereito á información en materia de medio ambiente, me informe se o citado proxecto de ampliación supón a modificación de caudais derivados e/ou circulantes
me informe sobre o procedemento de valoración ambiental que se vai seguir para a autorización ou denegación administrativa deste proxecto, no que a Consellería de Industria e Comercio é órgano substantivo
me informe se, como órgano subsantivo na autorización/denegación desta instalación, solicitou informe á Consellería de Medio Ambiente, ó respecto das posibles afección ambientais que se poidesen xerar
Así mesmo solicitolle que me considere parte interesada neste procedemento, debido as posibles consecuencias para o medio natural, conforme ó indicado no artigo 1º da Lei 38/1995 de 12 de decembro anteriormente citada, conforme ó indicado no artigo 31º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, así como confrome ó artigo 3º do Real Decreto 208/1996, de 9 de febreiro polo que se regulan os servicios de información administrativa e atención ó cidadán
Prégolle que me manteña informada das actuacións realizadas pola súa Delegación en relación coas consideracións que se lle comunican mediante o presente escrito.
Atentamente:
Nome e apelidos
Enderezo